A Deputación organiza campamentos temáticos de música e inmersión lingüística para 100 mozos no complexo turístico de O Corgo, en Muíños

Dende A Limia

A Deputación de Ourense organiza os campamentos de verán «Music Camp 2025» e «Explora Ourense -English Camp 2025»

A Deputación de Ourense organiza dous campamentos de verán para mozos da provincia: «Music Camp 2025» e «Explora Ourense -English Camp 2025», que se celebrarán no complexo turístico de O Corgo, en Muíños.

Participarán 100 mozos que desfrutarán de actividades de aventura, deporte, música e inmersión lingüística.

O «Music Camp 2025» terá lugar do 25 ao 31 de xullo e ofrecerá clases de guitarra, canto, batería, piano e baile para 50 nenos de 13 a 17 anos con estudos musicais.

O «Explora Ourense – English Camp 2025» desenvolverase en dúas quendas: do 26 ao 31 de xullo para 25 nenos de 9 a 11 anos, e do 1 ao 6 de agosto para 25 nenos de 12 a 14 anos. Este campamento combinará actividades na natureza con inmersión lingüística en inglés.

As inscricións para o «Music Camp» xa están abertas, e para «Explora Ourense» ábrense o 24 de xuño.

Fonte: www.dendealimia.com

VER NOTICIA COMPLETA