A Agrupación Musical da Limia participará no XVIII Certame Galego de Bandas de Música Populares

Dende A Limia

A Federación Galega de Bandas de Música Populares anunciou as formacións participantes na décimo oitava edición do Certame, que se celebrará os días 18 e 19 de outubro no Pazo da Cultura de Pontevedra. O evento, patrocinado pola Xunta de Galicia, o Concello e a Deputación de Pontevedra, contará con 18 agrupacións distribuídas en cinco categorías (infantil, xuvenil, terceira, segunda e primeira). Participarán máis de 1.000 músicos, incluíndo 11 bandas galegas e agrupacións de León, Portugal e, por primeira vez, Colombia.

Bandas participantes (resumo):

  • Infantil: Meaño, Veguellina de Órbigo (León), Xinzo de Limia
  • Xuvenil: Arca, Caldas (Colombia), A Estrada, Ribadumia
  • Terceira: Coruxo, Bembrive, Tui, Padrón, Tenorio
  • Segunda: Ovar (Portugal), León
  • Primeira: Loivos (Portugal), Merza, Sâo Cipriano (Portugal), Fermentelos (Portugal)

Cada banda interpretará unha peza de presentación, unha obra de libre elección e unha obra de autoría galega escollida pola organización. O certame será de acceso gratuíto e emitirase en directo nas redes sociais da Federación. Máis información en bandas.gal

Fonte: www.dendealimia.com

VER NOTICIA COMPLETA