A 10ª edición do Ouren Sound Fest celebrarase do 22 ao 25 de maio no Complexo de Monterrei. O festival contará con artistas destacados do panorama indie nacional e galego, como Dani Fernández, Viva Suecia, Siloé, Sexy Zebras, Xoel López e Guadi Galego.
Na presentación, Luis Menor, presidente da Deputación, destacou a calidade do cartel e o impacto do evento a nivel nacional. Estímase que o 40% dos asistentes virán de fóra de Galicia e espérase superar as 14.000 entradas vendidas.
O festival comezará o xoves 22 de maio en Pereiro de Aguiar. As actuacións principais terán lugar o venres 23 e sábado 24 no Complexo de Monterrei. O domingo 25 haberá un concerto de peche tamén en Pereiro de Aguiar.
Fonte: www.dendealimia.com