A autovía A-52 está cortada entre os quilómetros 202 e 210, á altura de Allariz, debido á saída de vía dun tráiler ás 4:21h. O camión, que se saíu pola marxe esquerda e impactou contra a varanda, provocou unha mancha de combustible na calzada. Non houbo feridos. O tráfico está sendo desviado pola N-525. No lugar traballan Garda Civil, Protección Civil de Allariz e Bombeiros de Xinzo.

Fonte: www.dendealimia.com

VER NOTICIA COMPLETA