O Congreso insta a garantir a seguridade no rural e deter a reorganización da Garda Civil
A Comisión de Interior do Congreso aprobou unha iniciativa do Partido Popular que demanda ao Goberno asegurar a seguridade nas zonas rurais como un dereito fundamental e frear o plan de reorganización da Garda Civil, que, segundo o PP, implica o peche de cuarteis.
A deputada do PP por Ourense, Ana Belén Vázquez, denunciou a falta de operativos en cuartéis da Garda Civil, poñendo como exemplo a comarca da Baixa Limia.
A proposta aprobada exixe manter abertos os cuarteis no rural, dotándoos de persoal, ante o temor do PP de que a nova estrutura territorial do Goberno supoña o peche de postos en áreas de baixa densidade de poboación.
Vázquez criticou tamén o estado dos edificios da Garda Civil no rural e a falta de persoal, denunciando ademais o «desmantelamento do Seprona».
A deputada abordou o problema do absentismo no corpo, sinalando a falta diaria de axentes, incluíndo un milleiro en Galicia.
Fonte: www.diariodolimia.gal