O 15 de maio de 2025, ás 9:30h, celebrarase un evento no Auditorio Casa da Cultura de Xinzo de Limia baixo o título «Muller, Oportunidades e Futuro».
Organizado por AFAMMER Nacional e subvencionado polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, coa colaboración do Concello de Xinzo de Limia, a Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia e a Asociación Escola Rural de Saúde da Limia.
O obxectivo principal é divulgar o papel das mulleres rurais e as súas iniciativas para o progreso e a pervivencia das súas aldeas, promovendo o emprendemento, o relevo xeracional feminino e a igualdade efectiva no medio rural.
O programa incluirá relatorios sobre a Titularidade Compartida (a cargo de Dª. Isabel Otero Pombo) e a Dieta Atlántica (a cargo de D. Pablo García Vivando), así como unha mesa redonda con experiencias no sector agro-gandeiro de Mª Dolores Rico, Mª Concepción Ferreiro, Mª Josefa Molinos e Mª Antonia Calvo.
Inaugurará o encontro Dña Carmen Quintanilla Barba, Presidenta de AFAMMER Nacional, organización con 198.000 mulleres asociadas en toda España, membro do Consejo Consultivo de las Naciones Unidas, Vicepresidenta de la Comisión de Igualdad y no discriminación del Consejo de Europa e Vicepresidenta de la Comisión contra o Tráfico e a Trata de Seres Humanos.
Fonte: 21noticias.com