Xornada sobre o papel da muller no medio rural en Xinzo de Limia
O 15 de maio de 2025, ás 9:30, o Auditorio da Casa da Cultura de Xinzo de Limia acollerá unha xornada organizada por AFAMMER Nacional co obxectivo de divulgar o papel das mulleres rurais e fomentar o emprendemento, o relevo xeneracional feminino e a igualdade no sector.
O evento, subvencionado polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e coa colaboración do Concello de Xinzo, a Consellería de Medio Rural e a Asociación Escola Rural de Saúde da Limia, contará con relatorios sobre titularidade compartida, axudas, a dieta atlántica e experiencias de mulleres no sector agro-gandeiro.
Inaugurará a xornada Carmen Quintanilla Barba, Presidenta de AFAMMER Nacional, destacada defensora da igualdade e loitadora contra a violencia machista.
Fonte: www.dendealimia.com