Proxecto para a realización de Estudos e Investimentos na Reserva da Biosfera Área de Allariz – Concello de Vilar de Santos

Concello de Vilar de Santos

Actuacións na Reserva da Biosfera Área de Allariz (Vilar de Santos)

O concello de Vilar de Santos, parte da Reserva da Biosfera Área de Allariz, desenvolveu entre setembro de 2024 e maio de 2025 diversas accións financiadas pola Unión Europea, o Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación e a Xunta de Galicia.

As actuacións incluíron:

  • Creación de hábitats para anfibios e polinizadores en Saa.
  • Rexeneración de espazos degradados na ZEPA A Limia (Rede Natura 2000).
  • Instalación de caixas niño monitorizadas para lagarteiro e curuxa na ZEPA A Limia.
  • Actividades de sensibilización ambiental na contorna de Saa e o Ruxidoiro para promover os valores da Reserva da Biosfera.

O obxectivo principal foi potenciar o valor ecolóxico e a sostibilidade da Reserva da Biosfera Área de Allariz.

Fonte: www.vilardesantos.gal

VER NOTICIA COMPLETA