Xinzo de Limia acolle esta fin de semana a Asemblea Anual da Asociación Española de Festas e Recreacións Históricas (AEFRH), reunindo representantes de case 50 festas históricas de España. A organización corre a cargo da A.C. Civitas Limicorum e da AEFRH, coa colaboración do Concello de Xinzo e Turismo de Galicia.
Xinzo toma o relevo de Linares e pasará o testemuño a Lugo o vindeiro ano. Coincide co 25º aniversario da A.C. Civitas Limicorum e da AEFRH.
O sábado 10 de maio, ás 20:00, celebrarase un desfile de recreación histórica dende o MUGAE ata a estación de autobuses, con máis de 200 participantes. Espérase unha importante repercusión cultural, turística e institucional para a vila.
Fonte: www.dendealimia.com