Excursión á Costa da Morte
O domingo 18 de maio terá lugar unha excursión para visitar lugares emblemáticos da Costa da Morte, como o Faro de Fisterra, a Fervenza do Ézaro e o Canastro de Carnota.
A saída será ás 8:00 da mañá dende a praza do Concello.
O prezo é de 55€ para adultos e 25€ para nenos/as.
As inscricións están abertas ata o 12 de maio e deben realizarse na Traballadora Social do Concello. As prazas son limitadas.
Fonte: www.vilardesantos.gal