O apagón eléctrico encendeu a comunicación.

Dende A Limia

Un apagón de menos de 24 horas provocou un cambio positivo na comunicación social. As familias retomaron conversas sen distraccións dixitais e a radio a pilas volveu ser a principal fonte de información e compañía.

Ante a imposibilidade de usar pagamentos electrónicos, recuperouse o uso de efectivo e a confianza no comercio local. Os nenos disfrutaron dunha xornada escolar diferente e xogaron máis tempo ao aire libre.

O apagón puxo en valor costumes tradicionais como a interacción veciñal e a vida no rural. Debido á suspensión de clases, organizacións como Limisi abriron Coxegas para a conciliación familiar. As actividades deportivas municipais retomáronse con normalidade.

Fonte: www.dendealimia.com

VER NOTICIA COMPLETA