Alumnado de Pedagoxía da USC visita Xinzo para seminario sobre acollida
O Concello de Xinzo de Limia recibe o mércores 23 de abril alumnado do Grao en Pedagoxía da Universidade de Santiago de Compostela (USC) para o seminario «Educación e participación na construción normativa das comunidades de acollida en Xinzo de Limia», que se extenderá ata o venres 25 de abril.
A visita comeza no IES Cidade de Antioquía para coñecer prácticas educativas inclusivas. Pola tarde, participarán nun encontro con técnicos do Concello e representantes do ámbito cultural e social, onde se presentarán políticas municipais de acollida a inmigrantes.
O seminario, coordinado polo profesor Alexandre Sotelino (Grupo de Investigación Esculca), ofrece unha oportunidade para reflexionar sobre a construción de comunidades máis xustas nun municipio que acolle a persoas de máis de corenta nacionalidades.
Fonte: www.diariodolimia.gal