Actualización do Sistema de Xestión da Piscina Climatizada
28 de xaneiro de 2025, 16:00
A piscina climatizada está a mellorar os seus servizos cunha importante actualización no seu sistema de xestión para optimizar a experiencia de todos os usuarios. Para iso, é imprescindible que todos os usuarios se rexistren no novo sistema.
Este paso é necesario para garantir un funcionamento máis eficiente das instalacións e unha mellor experiencia para todos os usuarios.
Pode rexistrarse facilmente a través do seguinte formulario online:
https://deportexinzo.i2a.es/CronosWeb/Login
Se prefire, tamén pode achegarse ás instalacións para realizar o rexistro.
Agradecemos a vosa colaboración e paciencia durante esta fase de actualización.
Fonte: www.diariodolimia.gal