A Furgoteca chega a Sandiás
O pasado venres 10 de xaneiro, o Concello de Sandiás acolleu o inicio do servizo de animación á lectura «A Furgoteca», da Xunta de Galicia.
Actividades para os máis pequenos
Entre as 10:30 e as 11:00 h, a Furgoteca recibiu os nenos e nenas do Punto de Atención Infantil (PAI) e do colexio, acompañados polos seus educadores. Os máis pequenos do PAI escoitaron a narración dun conto. Os alumnos de educación infantil participaron na lectura do libro «Superhéroes en apuros», concretamente no conto «Tiritas para o corazón». Tamén puideron gozar do aroma da lavanda, que, en contacto coa natureza, mellora as emocións.
Actividades para os alumnos do CEIP
De 11:00 a 12:00 h, A Furgoteca visitou os alumnos do CEIP de Sandiás, que realizaron a dinámica «Lanza o dado» en grupos. Tiñan que preparar o dado e, a continuación, crear unha historia.
Atención para xovens e adultos
Entre as 12:30 e as 14:00 h, A Furgoteca, situada xunto á casa do concello, atendeu a xovens e adultos interesados en informarse sobre os servizos, facerse o carné de usuario, tomar en préstamo libros, prensa, publicacións periódicas, videoxogos, tablets, películas en DVD e recibir recomendacións de lectura.
Próximas rutas e itinerarios
Nas próximas semanas publicarase as rutas e itinerarios de 2025, que incluiran os lugares e horarios da Furgoteca. Este servizo achegará estes recursos gratuítos ás 18 aldeas do municipio de Sandiás.
Fonte: www.laregion.es