Degustación de Porco Celta en Xinzo de Limia
A Asociación de criadores de raza porcina celta Asoporcel organiza unha xornada de degustación de carne de porco celta o 28 de abril na Praza de Abastos de Xinzo, dende as 12:00 ata as 13:30.
Co apoio da Deputación, o Concello e Cociña Ourense, a iniciativa busca dar a coñecer a calidade desta carne, con elaboracións culinarias a cargo dun chef.
Esta acción enmárcase na campaña «Mercado en rural con porco celta», que busca promover o consumo desta raza autóctona galega, que foi recuperada nos anos 90 tras ser considerada extinta.
Fonte: 21noticias.com